COMEZAMOS COA ROBÓTICA!
O alumnado de 4º estivo hoxe explorando o que se pode facer cun makey-makey e unha simple froita. Coñecemos algo de scratch, da placa makey e fixemos un circuito moi sinxeliño. Tamén aprendimos como a corrente eléctrica precisa dun circuito pechado para poder funcionar, a través da actividade grupal de collernos das mans para ver se o plátano falaba ou non.

Comentarios
Publicar un comentario