Comeza un novo curso e con el, veñen os recordos de todo un verán. Comezamos a coñecernos (eles e eu) e para iso fixemos esta pequena manualidade sobre o mellor recordo das vacacións.
O alumnado de 4º estivo hoxe explorando o que se pode facer cun makey-makey e unha simple froita. Coñecemos algo de scratch, da placa makey e fixemos un circuito moi sinxeliño. Tamén aprendimos como a corrente eléctrica precisa dun circuito pechado para poder funcionar, a través da actividade grupal de collernos das mans para ver se o plátano falaba ou non.
Comentarios
Publicar un comentario